Saltar ao contido

Liga de Campións da UEFA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaLiga de Campións da UEFA
Imaxe
Tipocopa internacional de clubs de fútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorUnião das Federações Europeias de Futebol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes55 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1955 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor en Wikidata
Facebook: uefachampionsleague Twitter: ChampionsLeague Instagram: championsleague VK: championsleague TikTok: championsleague Genius: Uefa-champions-league Editar o valor en Wikidata

A copa de 2005.

A Liga de Campións da UEFA (en inglés: UEFA Champions League) é un torneo de fútbol organizado pola UEFA e disputado entre os mellores clubs europeos. É un dos trofeos de fútbol máis prestixiosos do mundo e o máis importante a nivel de clubs en Europa.

Foi creada en 1955 co nome oficial de Copa de Campións de Europa, e foi coñecida durante as súas primeiras décadas como Copa de Europa. Nun principio o campionato consistía nunha eliminatoria directa entre os gañadores das ligas dos seus respectivos países e o campión era recoñecido como campión de Europa. En 1991 aumentou o número de equipos e incorporouse unha fase de grupos e en 1992 a competición recibiu o seu nome actual.

A partir da tempada 1997/98 a competición ampliouse para ser xogada por máis equipos, ademais dos clubs campións de liga. Dende entón o número de participantes foi aumentando, e na actualidade, aínda que a maioría de países europeos aportan só o seu campión de liga, as ligas máis fortes achegan até un máximo de catro equipos cada unha. Tralos clubs clasificados para a Liga de Campións, os seguintes clubs mellor clasificados en cada liga son elixibles para a UEFA Europa League, a segunda competición europea a nivel de clubs. Dende 2021 existe unha competición de terceiro nivel, a UEFA Europa Conference League.

O formato actual do torneo consta de varias etapas e comeza a finais de xuño, cunha rolda preliminar, logo tres roldas eliminatorias de clasificación e a continuación unha rolda de play-off, todas elas en formato de ida e volta. Así, os seis equipos sobreviventes únense aos 26 equipos clasificados de xeito directo, entrando nunha fase de grupos conformada por 32 equipos en oito grupos de catro equipos cada un. Os oito gañadores de grupo e os oito segundos entran na fase eliminatoria final, que termina coa final, disputada entre finais de maio e principios de xuño. O gañador da Liga de Campións da UEFA clasifícase para xogar a Copa Mundial de Clubs da FIFA (que substituíu a Copa Intercontinental dende 2005), así como a Supercopa de Europa.

O título foi gañado por 22 clubs diferentes, dos cales 13 gañaron o título en máis dunha ocasión. Os equipos españois son os que máis títulos acumulan (19), seguidos dos equipos ingleses (15) e os italianos (12). Inglaterra é o país con máis equipos vencedores (6). O club con máis títulos gañados é o Real Madrid, que gañou 6 no antigo formato e 8 no novo, seguido do Milan, cun total de 7.

Durante as súas primeiras décadas de vida, a competición disputábase só en formato de eliminación directa, ata que na campaña 1991-92 se engadiu unha fase de grupos.

Cambios de formato

[editar | editar a fonte]
  • Na tempada 1991-92: Engadiuse unha fase de grupos de oito equipos a disputar tralas dúas primeiras eliminatorias. Organizada en dous grupos, o mellor de cada grupo clasificábase para disputar a final.
  • Na tempada 1992-93: Introduciuse unha rolda previa, debido á aparición de novos países tralas disolucións da Unión Soviética e de Iugoslavia.
  • Na tempada 1993-94: Introduciuse a semifinal trala fase de grupos, clasificándose para esta os dous mellores equipos de cada grupo.
  • Na tempada 1994-95: As dúas primeiras roldas foron substituídas por catro grupos de catro equipos cada un. Introducíronse os cuartos de final, para os que se clasificaban os dous mellores equipos de cada grupo.
  • Na tempada 1997-98: A fase de grupos ampliouse a 24 equipos, que se organizaron en seis grupos.
  • Na tempada 1999-00: Ampliouse a fase de grupos aos 32 equipos actuais, que se organizan en oito grupos, e agregouse unha segunda rolda de grupos.
  • Na tempada 2003-04: Suprimiuse a segunda fase de grupos e substituíuse polos oitavos de final.
  • Na tempada 2009-10: Ampliouse o número de equipos (22) que clasificaban directamente á fase de grupos. Distinguiuse aos equipos campións de ligas menos potentes dos non campións das máis potentes, non permitindo cruces dos primeiros cos últimos en roldas previas.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

O número de equipos participantes de cada país depende do Coeficiente UEFA, que varía en función das clasificacións do ano anterior. A táboa seguinte reflicte o número de equipos que podían clasificarse para a tempada 2022-23, aos que hai que sumar o campión da Europa League.

Mapa de países membros da UEFA con equipos que acadaron a fase de grupos da Liga de Campións.      Países representados en fase de grupos.      Países non representado en fase de grupos.
Países Equipos participantes
Fase de grupos Roldas previas
Inglaterra Inglaterra 4 0
España España 4 0
Italia Italia 4 0
Alemaña Alemaña 4 0
Francia 2 1
Portugal Portugal 2 1
Países Baixos Países Baixos 1 1
Bélxica Bélxica 1 1
Austria Austria 1 1
Escocia Escocia 1 1
Ucraína Ucraína 1 1
Resto de países 0 1 ou 2
Balón dunha competición europea

1955-1959

[editar | editar a fonte]

En abril de 1955 a UEFA aprobou unha competición entre clubs europeos, a Copa de Campións de Europa, máis coñecida como a Copa de Europa, impulsada polo xornal deportivo francés L'Equipe, con Gabriel Hanot, que era o seu editor na época, xunto co seu colega Jacques Ferran.

Na tempada seguinte (1955-56) empezou o primeiro campionato que tivo por vencedor ao Real Madrid, que derrotou ao equipo francés Stade de Reims por catro goles a tres nun partido disputado no Parc des Princes de París.

A hexemonía do Real Madrid continuou catro tempadas máis, gañando as finais contra a Fiorentina, Milan, Stade de Reims e Eintracht Frankfurt. No Real Madrid xogaban daquela importantes xogadores coma Di Stéfano, Puskás, Gento ou Santamaría.

1960-1969

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1960-61 hai un novo campión, o Benfica portugués, liderado por José Águas e Mário Coluna. Ese ano o Real Madrid non puido pasar de primeira rolda, xa que foi derrotado polo Barcelona, nun partido no que ao conxunto "merengue" se lle anularon 4 goles. Posteriormente, o FC Barcelona chegou á final. O Benfica, xa con Eusébio no ataque, volveu gañar o título ao ano seguinte, derrotando ao Real Madrid na final de Ámsterdam.

O Benfica volveu chegar á final por terceira vez consecutiva na seguinte edición, pero caeu derrotado fronte o Milan. Os dous anos seguintes estiveron dominados por outro equipo italiano, o Inter de Milán de Helenio Herrera, que derrotou nas finais ao Real Madrid e ao Benfica.

En 1966 o Real Madrid volveu conseguir un título, o sexto, derrotando na final ao Partizan de Belgrado por dous a un. Nese equipo continuaba o veterano Francisco Gento, que se converteu no xogador que máis veces gañou a Copa de Europa (6).

En 1967 proclamouse vencedor o Celtic de Glasgow, equipo que daquela non tiña ningún estranxeiro e estaba formado só por xogadores escoceses, os chamados Lisbon Lions. Converteuse no primeiro club do Reino Unido en gañar este título. Ao ano seguinte gañou un equipo inglés, o Manchester United, que derrotou na final ao Benfica.

En 1969 o Milan conquistou o seu segundo título ao derrotar na final ao Ajax neerlandés.

1970-1979

[editar | editar a fonte]

Os Países Baixos dominaron a competición nos seguintes catro anos conseguindo un título o Feyenoord e tres o Ajax, en cuxas filas estaba un dos mellores xogadores holandeses da historia, Johan Cruyff.

Durante as tres tempadas seguintes un equipo alemán, o Bayern de Múnic, dominou a competición. Nese equipo militaban xogadores como Franz Beckenbauer, Gerd Müller ou Paul Breitner. Empezou gañando a final de 1974 ao Atlético de Madrid, na primeira final disputada polo club español, que a perdeu nos últimos segundos. Desfíxose tamén do Leeds United e do Saint-Étienne nas finais dos dous anos seguintes.

Desde 1977 ata 1982 a Copa de Europa foi conquistada por clubs ingleses. En total foron seis trofeos os que acabaron en mans inglesas nese período. Tres gañounos o Liverpool FC, dous o Nottingham Forest e un o Aston Villa.

1980-1989

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1982-83 o partido Hamburgo SV 1 - 0 Juventus foi unha final na que non participou ningún club inglés, rompéndose así a racha de vitorias inglesas, aínda que na tempada seguinte o Liverpool FC volveu gañar o trofeo.

O 29 de maio de 1985 disputouse a final entre a Juventus de Trapattoni, que viña de gañar a Copa da UEFA de 1977, o Mundial Interclubs de 1983, a Recopa e Supercopa Europea 1984 (esta última fronte ao mesmo Liverpool) e o Liverpool FC. O equipo inglés chegaba á final un ano despois, aínda que se impuxo o equipo italiano cun gol de Michel Platini. Ese día, antes do partido, produciuse unha traxedia, unha avalancha de hooligans ingleses provocou o derrubamento dunha das paredes do Estadio de Heysel, en Bruxelas. O incidente causou 39 vítimas mortais, 34 delas seguidores italianos da Juventus. A Traxedia de Heysel, como se coñece a ese desafortunado suceso, supuxo o desterro dos clubs ingleses das competicións europeas durante cinco anos, e ao Liverpool FC durante dez anos, dos que só estivo seis sen poder participar en Europa.

Na tempada 1985-86 enfrontáronse na final o Steaua de Bucarest, club que chegaba por primeira vez a unha final, e o FC Barcelona, que nunca gañara a Copa de Europa. O título caeu en mans do equipo romanés na quenda de penaltis.

Os dous seguintes campións foron o FC Porto e o PSV Eindhoven.

1990-1999

[editar | editar a fonte]

En 1989 e 1990 o AC Milan gaña dous títulos e ao ano seguinte proclámase campión o Estrela Vermella de Belgrado, que gaña a súa primeira Copa de Europa derrotando na final ao Olympique de Marseille na quenda de penaltis.

En 1992 o FC Barcelona gaña o trofeo impoñéndose ao Sampdoria por un gol a cero no Estadio de Wembley. O gol marcado por Ronald Koeman na prórroga deu ao seu equipo a primeira Copa de Europa da súa historia.

Na tempada 1992-93 cámbiase o nome do torneo, pasándose a chamar Liga de Campións. Ese ano o Olympique de Marseille proclamouse campión fronte ao AC Milan, pero ao ano seguinte non se lle permitiu disputar o torneo por culpa de irregularidades financeiras cometidas polo seu presidente Bernard Tapie.

En 1994 enfrontáronse na final o FC Barcelona (campión de 1992) e o AC Milan (subcampión do ano anterior) no Estadio Olímpico de Atenas. O equipo italiano impúxose ao FC Barcelona por catro goles a cero. Ao ano seguinte o AC Milan xogou a súa terceira final consecutiva, pero non puido superar ao Ajax na final.

O AFC Ajax chegou outra vez á final na tempada seguinte, pero caeu derrotado contra a Juventus FC na quenda de penaltis.

Na tempada 1996-97 entra en vigor a Lei Bosman que permite aos xogadores comunitarios xogar sen ser contados como estranxeiros. Ese ano adxudícase o torneo o Borussia Dortmund, que consegue a primeira Liga de Campións da súa historia, fronte á "Vecchia Signora".

Na tempada 1997-98 apróbase o novo formato de competición, o que aumenta o número de clubs que participan no campionato. Ese ano proclámase campión o Real Madrid, logo de 32 anos sen gañar o trofeo. Os "brancos" gañaron á Juventus, que chegaba á súa terceira final consecutiva, por un gol a cero marcado por Predrag Mijatović.

En 1999 o Manchester United FC fíxose co título, converténdose no primeiro club inglés en gañalo logo da Traxedia de Heysel. A final, xogada no estadio Camp Nou de Barcelona, foi dominada polo Bayern de Múnic por 1-0; non foi ata o tempo engadido cando o equipo inglés lle deu a volta ao partido para acabar gañando 1-2.

2000-2009

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1999-00 a UEFA amplía aínda máis o número de equipos participantes na competición. Ese ano enfróntanse na final, por primeira vez na historia da competición, dous equipos do mesmo país: o Real Madrid e o Valencia CF, equipo que alcanza a final por primeira vez. Esa final gañouna o Real Madrid impoñéndose por tres goles a cero. Ademais ese mesmo ano outro equipo español, o FC Barcelona, chegara a semifinais, nas que foi derrotado polo Real Madrid.

Na tempada seguinte o Valencia CF volveu xogar a final, perdendo de novo. Esta vez o verdugo foi o Bayern de Múnic que se impuxo na quenda de penaltis por cinco goles a catro.

En 2002 o Real Madrid volve proclamarse campión, contra o Bayer Leverkusen por 2 a 1, cun remate acrobático do francés Zinedine Zidane, conseguindo así a súa novena Copa de Europa.

Na tempada seguinte dous equipos italianos enfróntanse na final: o AC Milan e a Juventus FC, que disputaba a súa cuarta final en oito anos. O partido levouno o AC Milan que gañou grazas a unha dramática quenda de penaltis.

Comezo do partido FC Barcelona - Liverpool FC da Liga de Campións 2007

En 2004 o FC Porto faise co título derrotando ao AS Mónaco (debutante nunha final) por tres goles a cero. O equipo portugués viña de eliminar en semifinais ao Deportivo, sendo a única vez que o equipo coruñés chegaba á penúltima rolda da Liga de Campións.

Na tempada 2004-05 enfrontáronse na final o Liverpool FC e o AC Milan. O partido empezou con tres goles do equipo italiano pero o Liverpool adestrado por Rafael Benítez conseguiu empatar o partido e forzar a prórroga. Ao final o Liverpool FC impúxose na quenda de penaltis.

O 17 de maio de 2006 o FC Barcelona remontou un 0-1 contra o Arsenal FC, gol de Sol Campbell, e coroouse campión ao vencer ao equipo inglés por 2-1, con goles de Eto'o e Belletti na que era a segunda Copa de Europa do club español. Neste partido produciuse a primeira expulsión nunha final de Liga de Campións, a do porteiro alemán do Arsenal, Jens Lehmann.

O 23 de maio de 2007, o AC Milan gañoulle a final da Copa de Europa ao Liverpool F.C. por 2-1, marcando o equipo inglés no minuto 88. Filippo Inzaghi foi o autor dos dous goles do equipo italiano que se adxudicou a súa sétima Copa de Campións, polo que é o segundo club que máis copas ten, sete, por detrás do Real Madrid con dez.

O 21 de maio de 2008, o Manchester United venceu ao Chelsea FC na primeira final da competición entre equipos ingleses, xogada no Estadio Olímpico Luzhniki en Moscova, Rusia. Logo de empatar 1-1 no tempo regulamentario con goles de Cristiano Ronaldo aos 26 minutos para os Red Devils e Frank Lampard aos 45 para os Blues, o empate continuou ata o final e mais a prórroga, decidíndose o campión nos penaltis. O Manchester gañou por 6-5 nunha agónica quenda de na que un esvarón de John Terry no lanzamento que puido dar o título ao equipo londiniense fixo inútil o rexeitamento de Petr Čech ao disparo de Ronaldo; o neerlandés Edwin van der Sar desviou a traxectoria do tiro decisivo de Nicolas Anelka, e o equipo adestrado por Alex Ferguson proclamouse campión de Europa por terceira vez na súa historia.

O Manchester United repetiu final ao ano seguinte, no Estadio Olímpico de Roma, nesta ocasión fronte o FC Barcelona, nun encontro moi esperado polo que supuña enfrontar a dous dos xogadores máis en forma do momento, o arxentino Lionel Messi e o portugués Cristiano Ronaldo. O "Barça" completou o seu triplo (Liga de Campións, Liga española e Copa do Rei) derrotando o conxunto inglés por 2-0, con goles de Samuel Eto'o e o propio Messi, impedíndolle ao Manchester ser o primeiro equipo en gañar a competición dous anos seguidos na época da Liga de Campións.

Na tempada 2009-10 instaurouse un novo formato de competición que separaba na fase previa aos campións nacionais de liga dos equipos non campións, os cales entraban en escena na terceira de catro roldas previas. Na final desa mesma edición, o 22 de maio de 2010, o Inter de Milán fíxose co seu terceiro título tras derrotar na final ao Bayern de Múnic por dous goles a cero, ambos os goles marcados polo dianteiro arxentino Diego Milito. O conxunto neroazzurro, ademais, convertíase no primeiro club italiano que gañaba un triplo (Liga, Copa e Champions), e no sexto a nivel europeo.

Na tempada 2010-11, FC Barcelona e Manchester United disputaron a final, a segunda en dous anos, en Londres o 28 de maio de 2011, gañando novamente os "culés" por 3-1 con goles de Pedro Rodríguez, Leo Messi e David Villa. O gol do Manchester foi de Wayne Rooney. O equipo "blaugrana" conquistaba así a súa cuarta Copa de Europa na cidade onde se coroara por primeira vez, 19 anos atrás.

Na edición 2011-12 o Chelsea e o Bayern de Múnic enfrontáronse na final logo de eliminar ao FC Barcelona e ao Real Madrid respectivamente en semifinais. Tras un emocionante partido que concluíu en empate por 1-1 no tempo regulamentario e non converténdose goles na prórroga, lanzouse a quenda de penaltis na que o equipo inglés venceu por 3-4.

Borussia Dortmund e Bayern enfrontáronse na final da Champions League 2012-13 logo de eliminar ao Real Madrid e ao Barcelona respectivamente, gañando o Bayern de Múnic 2-1 no minuto 88 con gol de Robben, obtendo así o equipo bávaro a súa quinta Champions.

O himno da Liga de Campións da UEFA é unha adaptación da obra de Händel, "Zadok the Priest". A obra está nos tres idiomas oficiais da UEFA: inglés, francés e alemán. O himno reprodúcese ao comezo de cada partido de Liga de Campións.

Tempada Campión Marcador Subcampión Recinto
1955–56 Real Madrid 4–3 Francia Stade de Reims Parc des Princes (Francia París)
1956–57 Real Madrid 2–0 Italia Fiorentina Santiago Bernabéu ( Madrid)
1957–58 Real Madrid 3–2 (Prórroga) Italia AC Milan Estadio de Heysel (Bélxica Bruxelas)
1958–59 Real Madrid 2–0 Francia Stade de Reims Neckarstadion (Alemaña Stuttgart)
1959–60 Real Madrid 7–3 Alemaña Eintracht Frankfurt Hampden Park (Escocia Glasgow)
1960–61 Portugal Benfica 3–2 Barcelona Wankdorfstadion ( Berna)
1961–62 Portugal Benfica 5–3 Real Madrid Olympisch Stadion (Países Baixos Ámsterdan)
1962–63 Italia Milan 2–1 Portugal Benfica Estadio de Wembley (Inglaterra Londres)
1963–64 Italia Inter de Milán 3–1 Real Madrid Praterstadion (Austria Viena)
1964–65 Italia Inter de Milán 1–0 Portugal Benfica San Siro (Italia Milán)
1965–66 Real Madrid 2–1 Iugoslavia Partizan Estadio de Heysel (Bélxica Bruxelas)
1966–67 Escocia Celtic 2–1 Italia Inter de Milán Estadio Nacional (Portugal Lisboa)
1967–68 Inglaterra Manchester United 4–1 (Prórroga) Portugal Benfica Estadio de Wembley (Inglaterra Londres)
1968–69 Italia Milan 4–1 Países Baixos Ajax Santiago Bernabéu ( Madrid)
1969–70 Países Baixos Feyenoord 2–1 (Prórroga) Escocia Celtic San Siro (Italia Milán)
1970–71 Países Baixos Ajax 2–0 Panathinaikos Estadio de Wembley (Inglaterra Londres)
1971–72 Países Baixos Ajax 2–0 Italia Inter de Milán De Kuip (Países Baixos Rotterdam)
1972–73 Países Baixos Ajax 1–0 Italia Juventus Crvena Zvezda Stadium (Iugoslavia Belgrado)
1973–74 Alemaña Bayern de Múnic 1–1 (Prórroga)
4–0 (Repetición)
Atlético de Madrid Estadio de Heysel (Bélxica Bruxelas)
1974–75 Alemaña Bayern de Múnic 2–0 Inglaterra Leeds United Parc des Princes (Francia París)
1975–76 Alemaña Bayern de Múnic 1–0 Francia Saint-Étienne Hampden Park (Escocia Glasgow)
1976–77 Inglaterra Liverpool 3–1 Alemaña Borussia Mönchengladbach Stadio Olimpico (Italia Roma)
1977–78 Inglaterra Liverpool 1–0 Bélxica Club Bruxas Estadio de Wembley (Inglaterra Londres)
1978–79 Inglaterra Nottingham Forest 1–0 Malmö Estadio Olímpico de Múnic (Alemaña Múnic)
1979–80 Inglaterra Nottingham Forest 1–0 Alemaña Hamburgo Santiago Bernabéu ( Madrid)
1980–81 Inglaterra Liverpool 1–0 Real Madrid Parc des Princes (Francia París)
1981–82 Inglaterra Aston Villa 1–0 Alemaña Bayern de Múnic De Kuip (Países Baixos Rotterdam)
1982–83 Alemaña Hamburgo 1–0 Italia Juventus Estadio Olímpico (Grecia Atenas)
1983–84 Inglaterra Liverpool 1–1 (4–2 Penaltis) Italia Roma Stadio Olimpico (Italia Roma)
1984–85 Italia Juventus 1–0 Inglaterra Liverpool Estadio de Heysel (Bélxica Bruxelas)
1985–86 Romanía Steaua Bucarest 0–0 (2 - 0 Penaltis) España Barcelona Sánchez Pizjuán (España Sevilla)
1986–87 Portugal Porto 2–1 Alemaña Bayern de Múnic Praterstadion (Austria Viena)
1987–88 Países Baixos PSV Eindhoven 0–0 (6–5 Penaltis) Portugal Benfica Neckarstadion (Alemaña Stuttgart)
1988–89 Italia Milan 4–0 Steaua Bucarest Camp Nou (España Barcelona)
1989–90 Italia Milan 1–0 Portugal Benfica Praterstadion (Austria Viena)
1990–91 Iugoslavia Estrela Vermella 0–0 (5–3 (Penaltis) Francia Olympique de Marsella Stadio San Nicola (Italia Bari)
1991–92 España Barcelona 1–0 (Prórroga) Italia Sampdoria Estadio de Wembley (Inglaterra Londres)
1992–93 Francia Olympique de Marsella 1–0 Italia Milan Estadio Olímpico de Múnic (Alemaña Múnic)
1993–94 Italia Milan 4–0 España Barcelona Estadio Olímpico (Grecia Atenas)
1994–95 Países Baixos Ajax 1–0 Italia Milan Ernst Happel Stadion (Austria Viena)
1995–96 Italia Juventus 1–1 (4–2 Penaltis) Países Baixos Ajax Stadio Olimpico di Roma (Italia Roma)
1996–97 Alemaña Borussia Dortmund 3–1 Italia Juventus Estadio Olímpico de Múnic (Alemaña Múnic)
1997–98 España Real Madrid 1–0 Italia Juventus Amsterdam ArenA (Países Baixos Ámsterdan)
1998–99 Inglaterra Manchester United 2–1 Alemaña Bayern de Múnic Camp Nou (España Barcelona)
1999–00 España Real Madrid 3–0 España Valencia Stade de France (Francia Saint-Denis)
2000–01 Alemaña Bayern de Múnic 1–1 (5–4 Penaltis) España Valencia San Siro (Italia Milán)
2001–02 España Real Madrid 2–1 Alemaña Bayer Leverkusen Hampden Park (Escocia Glasgow)
2002–03 Italia Milan 0–0 (3–2 Penaltis) Italia Juventus Old Trafford ( Inglaterra Manchester)
2003–04 Portugal Porto 3–0 Francia Monaco Arena AufSchalke (Alemaña Gelsenkirchen)
2004–05 Inglaterra Liverpool 3–3 (3–2 Penaltis) Italia Milan Estadio Olímpico Atatürk ( Istambul)
2005–06 España Barcelona 2–1 Inglaterra Arsenal Stade de France (Francia Saint-Denis)
2006–07 Italia Milan 2–1 Inglaterra Liverpool Estadio Olímpico (Grecia Atenas)
2007–08 Inglaterra Manchester United 1–1 (6–5 Penaltis) Inglaterra Chelsea Olímpico de Luzhniki ( Moscova)
2008–09 España Barcelona 2–0 Inglaterra Manchester United Stadio Olimpico di Roma (Italia Roma)
2009–10 Italia Inter de Milán 2–0 Alemaña Bayern de Múnic Santiago Bernabéu (España Madrid)
2010–11 España FC Barcelona 3–1 Inglaterra Manchester United Wembley Stadium (Inglaterra Londres)
2011–12 Inglaterra Chelsea 1–1 (4–3 Penaltis) Alemaña Bayern de Múnic Allianz Arena (Alemaña Múnic)
2012–13 Alemaña Bayern de Múnic 2–1 Alemaña Borussia Dortmund Wembley Stadium (Inglaterra Londres)
2013–14 España Real Madrid 4–1 (Prórroga) España Atlético de Madrid Estadio da Luz (Portugal Lisboa)
2014–15 España Barcelona 3–1 Italia Juventus Estadio Olímpico (Alemaña Berlín)
2015–16 España Real Madrid 1–1 (5–3 Penaltis) España Atlético de Madrid Giuseppe Meazza (Italia Milán)
2016–17 España Real Madrid 4–1 Italia Juventus Millennium Stadium (Gales Cardiff)
2017–18 España Real Madrid 3–1 Inglaterra Liverpool Estadio Olímpico (Ucraína Kíiv)
2018–19 Inglaterra Liverpool 2–0 Inglaterra Tottenham Hotspur Wanda Metropolitano (España Madrid)
2019–20 Alemaña Bayern München 1–0 Francia Paris Saint-Germain Estádio da Luz (Portugal Lisboa)
2020-21 Inglaterra Chelsea 1–0 Inglaterra Manchester City Estádio do Dragão (Portugal Porto)
2021-22 España Real Madrid 1–0 Inglaterra Liverpool Stade de France (Francia Saint-Denis)
2022-23 Inglaterra Manchester City 1–0 Italia Inter de Milán Estadio Olímpico Atatürk ( Istambul)

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Por equipos

[editar | editar a fonte]
Pos. Equipo País Títulos Subcampión Anos campión
1 Real Madrid España España 14 3 1956, 1957, 1958, 1959, 1960, 1966, 1998, 2000, 2002, 2014, 2016, 2017, 2018 e 2022
2 Milan Italia Italia 7 4 1963, 1969, 1989, 1990, 1994, 2003 e 2007
3 Bayern de Múnic Alemaña Alemaña 6 5 1974, 1975, 1976, 2001, 2013 e 2020
4 Liverpool Inglaterra Inglaterra 6 4 1977, 1978, 1981, 1984, 2005 e 2019
5 Barcelona España España 5 3 1992, 2006, 2009, 2011 e 2015
6 Ajax Amsterdam Países Baixos Países Baixos 4 2 1971, 1972, 1973 e 1995
7 Inter de Milán Italia Italia 3 2 1964, 1965 e 2010
Manchester United Inglaterra Inglaterra 3 2 1968, 1999 e 2008
9 Juventus Italia Italia 2 7 1985 e 1996
10 Benfica Portugal Portugal 2 5 1961 e 1962
11 Chelsea Inglaterra Inglaterra 2 1 2012, 2021
12 Nottingham Forest Inglaterra Inglaterra 2 0 1979 e 1980
13 Porto Portugal Portugal 2 0 1987 e 2004
14 Celtic de Glasgow Escocia Escocia 1 1 1967
Hamburgo Alemaña Alemaña 1 1 1983
Steaua Bucarest Romanía Romanía 1 1 1986
Olympique de Marsella Francia 1 1 1993
Borussia Dortmund Alemaña Alemaña 1 1 1997
Manchester City Inglaterra Inglaterra 1 1 2023
19 Feyenoord Rotterdam Países Baixos Países Baixos 1 0 1970
Aston Villa Inglaterra Inglaterra 1 0 1982
PSV Eindhoven Países Baixos Países Baixos 1 0 1988
Estrela Vermella Iugoslavia Iugoslavia 1 0 1991
23 Atlético de Madrid España España 0 3
24 Stade de Reims Francia 0 2
Valencia CF España España 0 2
26 AC Fiorentina Italia Italia 0 1
Eintracht Frankfurt Alemaña Alemaña 0 1
Partizan Iugoslavia Iugoslavia 0 1
Panathinaikos Grecia Grecia 0 1
Leeds United Inglaterra Inglaterra 0 1
Saint-Étienne Francia 0 1
Borussia Mönchengladbach Alemaña Alemaña 0 1
Bruxas Bélxica Bélxica 0 1
Malmö Suecia Suecia 0 1
Roma Italia Italia 0 1
Sampdoria Italia Italia 0 1
Bayer Leverkusen Alemaña Alemaña 0 1
Monaco Francia 0 1
Arsenal Inglaterra Inglaterra 0 1
Tottenham Hotspur Inglaterra Inglaterra 0 1
Paris Saint-Germain Francia 0 1

Por países

[editar | editar a fonte]
País Títulos Subcampionatos
España España 19 11
Inglaterra Inglaterra 14 11
Italia Italia 12 16
Alemaña Alemaña 8 10
Países Baixos Países Baixos 6 2
Portugal Portugal 4 5
Francia 1 6
Escocia Escocia 1 1
Romanía Romanía 1 1
Iugoslavia Iugoslavia 1 1
Grecia Grecia 0 1
Bélxica Bélxica 0 1
Suecia Suecia 0 1

Goleadores

[editar | editar a fonte]
Pos. Xogador País Goles Anos Equipos
1 Cristiano Ronaldo Portugal Portugal 140 2003– Manchester United (21)
Real Madrid (105)
Juventus (14)
2 Lionel Messi Arxentina 125 2005– Barcelona (120)
Paris Saint-Germain (5)
3 Robert Lewandowski Polonia Polonia 86 2011– Borussia Dortmund (17)
Bayern de Múnic (69)
Karim Benzema Francia 86 2006– Olympique Lyonnais (12)
Real Madrid (74)
5 Raúl González España España 71 1995–2011 Real Madrid (66)
Schalke 04 (5)
6 Ruud van Nistelrooy Países Baixos Países Baixos 56 1998–2009 PSV Eindhoven (8)
Manchester United (35)
Real Madrid (13)
7 Thomas Müller Alemaña Alemaña 52 2008– Bayern de Múnic
8 Thierry Henry Francia 50 1997–2012 Mónaco (7)
Arsenal (35)
Barcelona (8)
9 Alfredo Di Stéfano Arxentina / España España 49 1955–1964 Real Madrid
10 Andrii Shevchenko Ucraína Ucraína 48 1994–2012 Dinamo de Kíiv (15)
Milan (29)
Chelsea (4)
Zlatan Ibrahimović Suecia Suecia 48 2001–2017 Ajax (6)
Juventus (3)
Inter de Milán (6)
Barcelona (4)
Milan (9)
Paris Saint-Germain (20)
12 Eusébio Portugal Portugal 46 1961–1974 Benfica
13 Filippo Inzaghi Italia Italia 46 1997–2012 Juventus (17)
Milan (29)
14 Didier Drogba Costa do Marfil Costa do Marfil 44 2003–2015 Olympique de Marsella (5)
Chelsea (36)
Galatasaray (3)
15 Alessandro Del Piero Italia Italia 41 1995–2009 Juventus
16 Neymar Brasil 41 2013– Barcelona (21)
Paris Saint-Germain (20)
Sergio Agüero Arxentina 41 2008–2021 Atlético de Madrid (5)
Manchester City (36)
18 Ferenc Puskás Hungría Hungría / España España 35 1956–1966 Budapest Honvéd (1)
Real Madrid (35)
19 Mohamed Salah Exipto 36 2013– Basel (2)
Roma (1)
Liverpool (33)
20 Edinson Cavani Uruguai 35 2011– Napoli (5)
Paris Saint-Germain (30)

Notas: A UEFA non contabiliza os goles marcados nas roldas de clasificación. En letra grosa aparecen os xogadores que participaron na Liga de Campións da UEFA 2021-22 e o equipo no que o fixeron. Só aparecen os clubs cos que participaron na Liga de Campións ou a Copa de Europa.

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

Equipos españois

[editar | editar a fonte]

Datos desde o 25 de novembro de 1992, cando nace a Liga de Campións. Esta clasificación non contabiliza fases previas e dá 2 puntos por vitoria. Actualizado ata a tempada 2013-14.

Posto Equipo Tempadas Puntos PX PG PE PP GF GC
Barcelona 18 266 192 108 50 34 380 193
Real Madrid 18 265 196 113 39 44 406 219
12º Valencia 9 110 92 41 28 23 141 89
25º Deportivo da Coruña 5 61 58 23 15 20 74 79
37º Atlético de Madrid 4 40 31 14 12 5 50 31
46º Villarreal 3 24 28 6 12 10 23 34
50º Sevilla 2 22 16 10 2 4 32 19
67º Málaga 1 12 10 4 4 2 16 9
79º Real Sociedad 2 8 14 2 4 8 9 20
81º Celta de Vigo 1 7 8 2 3 3 9 11
87º Mallorca 1 6 6 3 0 3 4 9
92º Athletic 1 5 6 1 3 2 5 6
96º Betis 1 5 6 2 1 3 3 7

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]