Saltar ao contido

Karkkila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKarkkila
Karkkila (fi)
Högfors (sv) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 60°32′05″N 24°12′35″L / 60.5347, 24.2097
EstadoFinlandia
Axencia RexionalFinlândia Meridional (pt) Traducir
RexiónUusimaa Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación8.581 (2023) Editar o valor en Wikidata (35,39 hab./km²)
Lingua oficiallingua finesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSubrexión de Helsinqui Editar o valor en Wikidata
Parte de
Superficie242,44 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1932 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoKarkkila City Council (en) Traducir , (Escano: 35) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Bundoran (en) Traducir
Sušice (pt) Traducir
Türi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 26

Páxina webkarkkila.fi Editar o valor en Wikidata

Karkkila (en finés) ou Högfors (en sueco) é unha cidade de Finlandia. Está situada ao sur do país, na rexión de Uusimaa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A paisaxe é accidentada, formada polas glaciacións. A altitude mínima do concello está situada a 80 metros sobre o nivel do mar, mentres que o máis alto é o outeiro Loukkumäki, que cos seus 174 metros é o punto máis elevado da rexión de Uusimaa.

Está situada a 66 km da capital finlandesa, Helsinqui, á cal está unida pola valtatie 2 (nacional 2). O número de habitantes que se desprazan diariamente ao traballo é aínda baixo, mais está a experimentar un notable ascenso. Por outra banda, a valtatie 2 continúa ata Pori (situada a 178 km) pasando por Forssa (a 48 km).

Limita cos concellos de Vihti ao sur e ao leste, Nummi-Pusula ao suroeste, con Tammela (na rexión de Tavastia Propia) ao noroeste, e con Loppi ao norte.

Poboación

[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2013, Karkkila ten unha poboación de 9.125 habitantes.[1] Dende a metade dos anos '90 o concello está a experimentar un constante ascenso demográfico, despois do descenso de poboación que sufriu durante a crise económica de principios dos anos '90 do século XX:

Lähde: Tilastokeskus[2]

Núcleos de poboación

[editar | editar a fonte]

Ahmoo, Alimmainen, Haavisto, Järvenpää, Karkkila, Nyhkälälä, Siikala, Tuorila, Vaskijärvi, Vattola e Vuotinainen.

A zona na que se localiza o concello de Karkkila estaba escasamente poboada antes do descubrimento das minas de ferro de Rautamäki a principios do século XIX. A explotación destas minas levou á instalación dunha fundición próxima, nun lugar chamado Högfors, en 1822. As décadas seguintes viron o desenvolvemento dunha cidade industrial en miniatura, máis rica que as comunas agrícolas veciñas, e a cidade conserva aínda hoxe unha tradición industrial. A poboación fíxose independente baixo o nome de Pyhäjärvi Uudenmaan lääni (Pyhäjärvi de Uusimaa) en 1869, e posteriormente fundouse Karkkila en 1932 a partir desta poboación rural, entes de converterse en cidade en 1977.

As industrias sufriron unha grande crise durante 1993, a cidade viu entón medrar a súa taxa de desemprego e diminuír a súa poboación. Hoxe en día, a súa relativa proximidade a Helsinqui permitiulle gañar poboación.

Política

[editar | editar a fonte]

No plano político, os partidos de esquerda dominan o debate político, máis particularmente a Vasemmistoliitto (Alianza de Esquerda), o antigo partido comunista, caso estraño hoxe en día en Finlandia. As últimas eleccións municipais deixaron a seguinte composición na cámara municipal:

O concello é unilingüe en finés:[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]