Joe Cribb
Joe Cribb no Simposio sobre o Imperio Cuxano. Berlín, decembro de 2013 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1947 Brighton, Reino Unido |
31º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
2005 – 2009 ← Harold B. Mattingly – Nicholas Mayhew ⊟ | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | Universidade de Londres |
Q89547790 | - Estudos de moeda asiática. - Conservador do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e museística |
Ocupación | numismático |
Empregador | Museo Británico |
Influencias en | |
Premios | |
- (1986): Premio Lhotka. - (1990): Premio Lhotka. - (1993): Premio Lhotka. - (1997): Premio Hirayama. - (1999): Medalla da Royal Numismatic Society. - (2008): Medalla Huntington. - (2023): Premio Derek Allen. | |
Joseph Edmond Cribb, máis coñecido e citado como Joe Cribb, nado en Brighton, Sussex, o 30 de outubro de 1947, é un numismático británico especializando na moeda asiática, en particular nas emisións do Imperio Cuxano, e autor de varias obras de referencia acerca dos lingotes-moeda chineses e das moedas rituais do Sueste asiático.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cribb cusou o seu ensino secundario na escola católica de rapaces Gunnersbury Grammar School, en Londres, e posteriormente estudou Latín, Grego e Historia Antiga no Queen Mary College, da Universidade de Londres, onde se graduou en 1970. Posteriormente completou a súa educación superior estudando chinés moderno na Universidade de Westminster (1972-1974) e chinés clásico na Escola de Estudos Orientais e Africanos da Universidade de Londres (1987-1989).[1]
Ingresou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico como investigador axudante, e posteriormente ocupou nesa institución o posto de conservador entre 2003 e 2010, data da súa xubilación. O seu traballo no museo centrouse inicialmente na colección de moeda chinesa e máis tarde foise estendendo a outros aspectos das cuñaxes da Asia central e meridional, como as emisións preislámicas da India, Bangladesh, Sri Lanka, Paquistán, Caxemira e Afganistán e, particularmente, as moedas dos reis cuxanos dos séculos I a IV da nosa era.[1]
Durante o seu tempo no Museo Británico organizou a exposición permanente de moedas e medallas (1997-2012) e foi o comisario, entre outras, dunha grande exposición temporal sobre o diñeiro en 1986: From Cowrie Shells to Credit Cards ("Das cunchas de cauri ás tarxetas de crédito"). Do mesmo xeito, en 1992 foi o encargado de organizar outra grande exposición, no Museo Fitzwilliam da Universidade de Cambridge, titulada Crossroads of Asia ("Encrucillada de Asia").[1]
Ademais da súa dedicación ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, Cribb foi presidente da Real Sociedade Numismática de Londres (2005-2009) e secretario xeral da Sociedade Numismática Oriental desde 2011, da que é membro honorario. Así mesmo, é membro honorario da Sociedade Numismática Austríaca[2] e forma parte dos consellos de administración de diversas institucións museísticas.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Entre outros recoñecementos, Joe Cribb foi galardoado cos seguintes premios:[1]
- (1986, 1990, 1993): Premio Lhotka da Royal Numismatic Society.[3]
- (1990): Libro do Ano do Gremio Literario Numismático dos EEUU.[4]
- (1997): Premio Hirayama, do Instituto de Estudos da Ruta da Seda, de Kamakura.
- (1999): Medalla da Royal Numismatic Society.[5]
- (2008): Medalla Huntington da American Numismatic Society.[6]
- (2023): Premio Derek Allen, da Academia Británica.[7]
Ademais destes premios, publicouse na súa honra un traballo conxunto con artigos de varios autores (entre eles o propio Cribb), que foi presentado con motivo da súa xubilación no Museo Británico.[8]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos máis representativos de Cribb, dentro da súa abundante obra científica:[1][9][10]
- (1981): Christian medals used in China. Oriental Numismatic Society. Occasional Paper.
- (1984): Script styles used on traditional Chinese coins. Oriental Numismatic Society. Occasional Paper.
- (1986): Money: From Cowrie Shells to Credit Cards. British Museum. ISBN 978-0714108629
- (1986): Money Fun Book. British Museum. ISBN 978-0714108667
- (1986): Dating South East Asia's earliest coins. Delhi Sri Satguru Publications. Con Bhattacharya, G. et al. ISBN 9788170300212
- (1987): Money in the bank: An illustrated introduction to the money collection of the Hongkong and Shanghai Banking Corporation. Spink for the Hongkong and Shanghai Banking Corporation. ISBN 978-0907605225
- (1990): The Coin Atlas. The World of Coinage from its Origins to the Present Day. Con B. Cook e I. Carradice. Facts on File. Nova York. ISBN 978-0816020973
- (1990): Coinage and History of the Islamic World. Variorum. ISBN 978-0860782599
- (1992): Crossroads of Asia: Transformation in Image and Symbol. Con E. Errington. Ancient India & Iran Trust. ISBN 978-0951839911
- (1992): A Catalogue of Sycee in the British Museum: Chinese Silver Currency Ingots c.1750-1933. British Museum. ISBN 978-0714108735
- (1998): Money: A History. Con J, Williams et al. Palgrave Macmillan. ISBN 978-0312212124
- (1999): Magic Coins of Java, Bali and the Malay Peninsula. British Museum. ISBN 9780714108810
- (2005): Money: Discover the Fascinating Story of Money from Silver Ingots to Smart Cards. DK Eyewitness Books. ISBN 978-0756613891
- (2005): The Indian Coinage Traditions: Orgins, Continuity and Change. India Institute of Research in Numismatic Studies. Maharashtra. ISBN 978-8186786222
- (2006): Metallurgical Analysis of Chinese Coins at the British Museum. Con H. Wang et al. British Museum. ISBN 978-0861591527
- (2007): After Alexander: Central Asia before Islam. Con G. Herrmann. British Academy. ISBN 978-0197263846
- (2011): Felicitas: essays in numismatics, epigraphy, and history in honour of Joe Cribb. Reesha Books International. Bombai. ISBN 9788189752088
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Joseph Edmond Cribb. Curriculum Vitae. 2016". en Academia.edu.
- ↑ "Ehrenmitglieder". Österreichische Numismatische Gesellschaft.
- ↑ "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
- ↑ Alexander, D. T. (1993). A 25-Year History. 1968-1993. Numismatic Literary Guild. Páxina 35.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "Joe Cribb is the 2023 Derek Allen Prize Winner". En Coins Weekly. 28 de setembro de 2023.
- ↑ Véxase na sección de "Publicacións" a referencia de 2011.
- ↑ https://britishmuseum.academia.edu/JoeCribb
- ↑ "Cribb, Joe". Worldcat.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Harold B. Mattingly |
Presidente da Royal Numismatic Society 2005 - 2009 |
Sucesor: Nicholas Mayhew |
- Nados en 1947
- Nados en Brighton
- Numismáticos do Reino Unido
- Presidentes da Royal Numismatic Society
- Galardoados co premio Lhotka
- Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society
- Galardoados coa medalla Huntington
- Galardoados co premio Derek Allen
- Alumnos da Universidade de Londres
- Alumnos da Universidade de Westminster
- Persoas relacionadas co Museo Británico
- Escritores do Reino Unido
- Historiadores do Reino Unido