Saltar ao contido

Jetstar Japan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jetstar Japan
IATA
GK
OACI
JJP
Indicativo
ORANGE LINER
Fundación2011
Inicio das operacións2012
Plan de voo frecuenteJAL Mileage Bank, Qantas Frequent Flyer
Frota22
Destinos14
Páxina web: https://www.jetstar.com

Jetstar Japan Co., Ltd. (xaponés: ジェットスター・ジャパン株式会社 Hepburn: Jettosutā Japan Kabushiki Kaisha) é unha aeroliña de baixo custo xaponesa baseada en Toquio. A compañía comezou a operar o 3 de xullo de 2012, meses antes do planeado inicialmente.[1] Jetstar Japan voa a 14 destinos, 11 domésticos e 3 internacionais, usando unha frota de 22 avións Airbus A320. Jetstar Japan compite contra Peach Aviation e Vanilla Air no mercado doméstico de baixo custo.[1] A aeroliña é propiedade de Qantas (33.3%), Japan Airlines (33.3%), Mitsubishi Corporation (16.7%), e Century Tokyo Leasing Corporation (16.7%).[2]

Airbus A320

En marzo de 2018 a frota de Jetstar Japan estaba formada polos seguintes avións:[3]

Frota de Jetstar Japan
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros
Airbus A320-200 22 0 180
Total 22 0 180
  1. 1,0 1,1 Centre for Aviation (ed.). "Jetstar Japan brings forward launch date to Jul-2012, names initial five domestic destinations". Consultado o 10 de maio de 2018. 
  2. Jetstar (ed.). "Jetstar Japan announces new strategic partner". Archived from the original on 25 de marzo de 2012. Consultado o 10 de maio de 2018. 
  3. Planespotters (ed.). "Jetstar Japan Fleet Details and History". Consultado o 10 de maio de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]