Saltar ao contido

Gladíolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gladíolos (xénero Gladiolus)

Gladiolus spp
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Asparagales
Familia: Iridaceae
Subfamilia: Crocoideae
Tribo: Ixieae
Xénero: Gladiolus
L.
Especies

Véxase no texto

Sinonimia

Véxase no texto

Gladíolo[1] L. é o nome común das plantas bulbosas floríferas do xénero Gladiolus (do latín, diminutivo de gladius, espada) da familia Iridaceae.

O xénero Gladiolus contén cerca de 260 especies, das cales 250 son nativas da África subsahariana, principalmente de Suráfrica. Cerca de 10 especies son nativas de Eurasia. Existen 160 especies de gladíolos endémicos do sur de África e 76 da África tropical. As especies mudaron moito, sendo discretas nunha orixe e nas especies bravas, até as espectaculares espigas de flores xigantes dispoñíbeis á venda hoxe en día como plantas ornamentais.

Son moi cultivadas no mundo enteiro, por mor das súas flores altamente decorativas e que teñen gran valor comercial. En Galiza son comúns na xardinaxe particular.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome galego gladíolo vén do xenérico Gladiolus atribído a Plinio o Vello e fai referencia, por unha banda, á forma das follas destas plantas, semellantes á espada romana denominada "gladius". Por outra banda, tamén se refire ao feito que na época dos romanos a flor do gladíolo era entregadas aos gladiadores que triunfaban na batalla; por iso, a flor é o sinal da vitoria.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

As especies de Gladiolus presentan flores lixeira ou acentuadamente zigomorfas e hermafroditas. O perigonio está composto por 6 tépalos subiguais, estendidos, recurvos, unidos no seu baseamento formando un tubo máis ou menos notábel segundo a especie. O androceo está composto por 3 estames, dispostos unilateralmente, arqueados. Os filamentos dos estames son filiformes e ceibos. As anteras son lineares. O ovario é ínfero, trilocular, cos lóculos pluriovulados, o estilo é filiforme e trífido. O froito é unha cápsula dehiscente por 3 valvas. Son plantas herbáceas cuxo talo subterráneo é un cormo. Os talos son aplanados e as follas son ensiformes. As flores, moi vistosas, están dispostas en longas espigas terminais máis longas que as follas. A altura das plantas vai de 30 cm a 1 m, segundo a especie.[3]

Sinonimia

[editar | editar a fonte]
Ilustración do Gladiolus palustri
Gladiolus delenii
Gladiolus delenii
Gladíolo (cultivar)
Gladiolus alatus, Clanwilliam, Suráfrica

Clasificación do xénero

[editar | editar a fonte]
Sistema Clasificación Referencia
Linné Clase Triandria, orde Monogynia Species Plantarum (1753)
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gladíolo.
  2. Información sobre o cultivo do gladíolo en www.infoagro.com
  3. Dimitri, M. 1987. Enciclopedia Argentina de Agricultura y Jardinería. Tomo I. Descripción de plantas cultivadas. Editorial ACME S.A.C.I., Buenos Aires.
  • Anderson, E.W. & Park, R. "Growing gladioli." Chistopher Helm & Timber Press, 166p. 1989.
  • Dimitri, M. 1987. "Enciclopedia Argentina de Agricultura y Jardinería". Tomo I. Descrição de plantas cultivadas. Editorial ACME S.A.C.I., Buenos Aires.
  • Goldblatt, P. "A monograph of the genus Gladiolus in tropical Africa". Timber Press, 1996
  • Goldblatt, P. &, J.C. Manning. "Gladiolus in southern Africa" : Systematics, Biology, and Evolution. Fernwood Press, Cape Town; 1998.
  • Goldblatt, P.; John C. Manning & Peter Bernhardt. "Radiation of Pollination Systems in Gladiolus (Iridaceae: Crocoideae) in Southern Africa". Annals of the Missouri Botanical Garden, Vol. 88, No. 4 (2001), pp. 713–734.
  • Goldblatt, P. & John C. Manning. "Evidence for Moth and Butterfly Pollination in Gladiolus (Iridaceae-Crocoideae)". Annals of the Missouri Botanical Garden, Vol. 89, No. 1 (2002), pp. 110–124.
  • Goldblatt,P., Masahiro Takei, Z. & A. Razzaq. "Chromosome Cytology in Tropical African Gladiolus (Iridaceae)". Annals of the Missouri Botanical Garden, Vol. 80, No. 2 (1993), pp. 461–470.
  • GOLDBLATT P. & DE VOS M. P. "The reduction of Oenostachys, Homoglossum and Anomalesia, putative sunbird pollinated genera, in Gladiolus L. (Iridaceae-Ixioideae)". Bulletin du Muséum national d'histoire naturelle. Section B, Adansonia 11 (4): 417-428, 1989.
  • Hessayon, D.G: "The bulb expert". 1999. Transworld Publihers Ltd., Londres, 128 p.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]