1158
Aparencia
1158 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1158 MCLVIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 1911 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 607 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 3854 – 3855 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 4918 – 4919 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1213 – 1214 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1080 – 1081 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4259 – 4260 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 536 – 537 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 553 – 554 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 1408 | ||||||||||||||||||
|
Acontecementos
[editar | editar a fonte]Extremo Oriente
[editar | editar a fonte]- Shirakawa II, 77º emperador do Xapón (desde 1155) abdica do seu trono.
Europa
[editar | editar a fonte]- 11 de xaneiro - Ladislau II é coroado rei de Bohemia en Ratisbona.
- 22 de maio - Reunidos en Sahagún, Fernando II de León e Sancho III de Castela concordan coordinar os seus esforzos para someter o rei Afonso Henriques de Portugal.
- 30 de agosto - Afonso VIII sucede a Sancho III no trono de Castela.
- Fernando II de León concede a vila de Portomarín á orde de San Xoán de Xerusalén.
- Fundación de Múnic polo rei Henrique o León.
- Conquista portuguesa de Alcácer do Sal.
- Creación da Orde de Calatrava.
- Fundación de Lübeck por Adolfo II de Holstein, confundadora da Hansa xunto con Hamburgo.
- Henrique o León loita contra os obodritas e organiza as marcas do Leste e a Pomerania.
- Campaña de Frederico Barbarroxa en Italia (até 1162. Destrúe Milán o 1 de setembro e vence as vilas lombardas en Roncaglia.
- Establécese unha liña regular de galeras entre Venecia e Alexandría.
- Paz entre os bizantinos e os normandos.
- Loita contra a gran propiedade eclesiástica en Bizancio: Manuel I Comneno prohibe que os mosteiros "aumenten as propiedades que posúen hoxe en día, en terra e en paisanos anexos", baixo pena de confiscación.
- En Rusia, conflito entre André Bogolioubski e a cadeira metropolitana pola creación dunha metrópole en Vladimir. Bizancio reafirma a unicidade de Kíiv como "metrópole de toda a Rusia" e autoriza só a creación dunha sé episcopal en Vladimir.
- Chegada de Manuel I Comneno a Cilicia. Obtén a submisión do príncipe armenio Thoros. En Antioquía, Renaud de Châtillon debe arrepentirse da súa expedición de piratería contra Chipre (1153 e recoñecer a soberanía bizantina. Baduíno III de Xerusalén negocia unha alianza inaugurada un ano antes polo seu casamento coa neta de Manuel, Teodora Commeno. Mais a má vontade dos aliados fai abortar a expedición proxectada contra Alepo.
- Campaña de Baduíno III e do cruzado Thierry de Flandres contra Nur ad-Din. Retoman Harim.
- No Xapón, Goshirakawa retírase, deixando o lugar de emperador baleiro.
Outros
[editar | editar a fonte]- A libra esterlina tórnase na moeda de Inglaterra.
Nacementos
[editar | editar a fonte]Mortes
[editar | editar a fonte]- 27 de xullo - Godofredo VI de Anjou, conde de Anjou, do Maine e de Nantes (n. 1134).
- 30 de agosto - Sancho III de Castela (n. 1134).
- Dimitri I, rei de Xeorxia (n. 1093).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1158 |